Saturday 04 de May de 2024

As casas da mocidade acollen numerosas actividades no mes de decembro


Xa está aberto o prazo para inscribirse no programa de actividades xuvenís Noctamboleiros do mes de decembro que se desenvolve nas casas da mocidade. As actividades están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas.

Este mes organizaranse obradoiros iniciación a needle felting, empaquetado creativo, unha excursión ás termas de Ourense, curso de monitor de transporte escolar, obradoiro de cociña de nadal, cena de nadal, torneo de LOL… ademais de continuar co programa radiofónico Mociradio. Para obter máis información ou inscribirse é posible nas casas da mocidade (Santa Cruz e As Pedras), chamar ao 981 614 083, ou enviar un correo a pix.portaberta@gmail.com ou pix.aspedras@gmail.com.